Teclado Galego Android

Descárgao xa!

Características

Capturas de pantalla

Preguntas máis frecuentes

Que é o Teclado Galego?

É unha aplicación para dispositivos Android que nos permite escribir con corrección ortográfica en galego.

Xorde a partir do Teclado AOSP de Android pero incluíndo a lingua galega.

En que se diferencia Teclado Galego Android de outros teclados?

A nosa principal diferenza é o noso amplo dicionario de palabras e que ademais temos nome e apelidos e estamos abertos a futuras modificacións e actualizacións.

Podo escribir en máis dunha lingua?

Si. O teclado inclúe castelán, inglés e portugués ademais do galego. Podes cambiar dunha a outra facilmente mantendo pulsada a barra espaciadora.

Cada vez que apago o meu dispositivo perdo a configuración

Isto ten fácil solución. A aplicación do Teclado Galego Android debe estar en memoria interna, e non en memoria externa.

Os meus datos mantéñense privados?

A protección de privacidade dos nosos usuarios está totalmente asegurada xa que non almacenamos nada do que escribas.

Manual

Descarga e instala o Teclado Galego.

Descargar Teclado Galego

Vai a Axustes > Idioma e introdución de texto.

Activa o Teclado Galego e acepta o recadro de atención.

Dalle ao botón de Configuración ao lado do teclado.

Pulsa sobre Idiomas de introdución.

Desactiva "Usar idioma do sistema".

Activa a lingua galega, así como as que foran do teu interese.

Abre unha aplicación na que queiras escribir.

Pulsa no recadro no que queres escribir.

Selecciona o Teclado Galego mantendo pulsada a barra espaciadora, ou a través da barra de notificacións(Selecciona un método de entrada).

Desenvolvedores

Na rede